Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Saaabor! en Narón

05/11/2020|18:30 - 19:30

De balde
saabor

Culturactiva SCG presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei en SAAABOR!, unha proposta cómica, para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.

SAAABOR! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, moito ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Félix Rodríguez e Fran Rei, os nosos protagonistas, convértense durante unha hora en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, afinado menú do día: unha comida moi musical para toda a familia.

O food truck de SAAABOR! chega á vila, un carro de xantar do que xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de obxectos de cociña cos que facer música. Unha hora de humor nun espectáculo gastronómico onde teñen cabida tanto a música como a cociña en directo. Unha produción de Culturactiva SCG que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca.

Data: xoves, 05 de novembro de 2020

Horario: ás 18:30 h (duración aproximada 55 minutos)

Lugar: centro cívico social do Alto

Destinatari@s: público familiar. Só poderá asistir unha persoa adulta por neno/a.

Inscricións: prazas limitadas. Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Organiza: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia – Rede de Dinamización Lingüística. O Concello de Narón está inserido na Rede de Dinamización Lingüística, polo que foi escollido para acoller esta actividade.

É obrigatorio o uso de máscara en todo o local para as persoas adultas e nenos e nenas a partir de 6 anos e e hixienizar as mans con hidroxel, que estará á disposición das familias á entrada da sala onde se vai desenvolver a actividade.

Detalles

Data:
05/11/2020
Hora:
18:30 - 19:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social do Alto do Castiñeiro
R/Manuel Antonio, nº7
Narón, A Coruña 15570
+ Google Map
Web:
https://www.facebook.com/avvalto/

Pin It on Pinterest