Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Saaaabor! de Culturactiva

16/09/2018|12:00 - 13:00

3€
sabor

Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.
 
Félix Rodríguez é un actor e músico cunha ampla traxectoria escénica en compañías como Odaiko, Píscore e Trío Refugallo, que nesta ocasión se complementa perfectamente con Fran Rei, cómico que ten participado en máis de 20 montaxes con compañías como Os Sete Magníficos máis Un, Pallasos en Rebeldía ou Acontrabutaca.
Xuntos crearon este espectáculo, unha receita chea de sabor que fará as delicias dos padais máis esixentes.
Elenco
Dirección: Avelino González
Félix Rodríguez e Fran Rei
Público familiar

Detalles

Data:
16/09/2018
Hora:
12:00 - 13:00
Prezo:
3€
Web:
http://ourensecultura.com

Organizador

Concellaría de Cultura
Teléfono:
988 391290
Web:
www.ourensecultura.com

Lugar

Sala Azul do Auditorio Municipal de Ourense

Pin It on Pinterest