Ruta en familia na procura de cogomelos, impartido por Sira López, educadora ambiental
Os cogomelos agroman no outono coa chegada da humidade, o mesmo hábitat que a lingua necesita para vivir. Unha oportunidade para pasear en familia e facer unha boa rega á lingua relacionándonos en galego. Identificar os cogomelos, coñecer os seus nomes e sentir as súas propiedades no contorno da área recreativa de Mouromorto, en Calo.
Sábado, 15 de outubro, ás 11.30 h na Área Recreativa de Mouromorto
Dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos. Prazas limitadas a 40 persoas, de balde con inscrición previa.
Inscricións a partir do 10 de outubro a través de https://www.teo.gal/gl/actividades/ruta-en-familia-na-procura-de-cogomelos