Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Romaría. Contos e lendas da nosa terra, de Raquel Queizás – Espazo Apego (Santiago de Compostela)

16 Xullo|18:00 - 19:00

romaria_1

Tachán!

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 16. “Romaría. Contos e lendas da nosa terra”, de Raquel Queizás (de 3 a 6 anos)

Un espectáculo de narración oral onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos rapaces e rapazas, descubríndolles un modo de vida descoñecido.

Queliña, unha  nena da aldea, ten que rematar de apañar as patacas para que a deixen ir á romaría. Alí quedou cos amigos para brincar, bailar e facer carreiras de sacos. Cara á tardiña, antes de que remate a festa, todos os rapaces buscan a avoa Tareixa para que lles conte lendas, lendas para perder o medo.

Inscrición

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.gal
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest