Ris Ras é un espectáculo que nos fará viaxar a través da música, xogos, brincadeiras e historias tradicionais da man dun trasno que nace do amor entre Catarina e Lourenzo (a Lúa e o Sol).
Ris Ras pon en valor a nosa lingua afondando nos ditos populares, refráns, poemas, lerias e enredos menos coñecidos para que non se esquezan.
Iria Piñeiro e Ailén Kendelman tráennos esta actividade musical e teatral para as máis pequenas e pequenos da casa e vai ser signado por Xoga (Organización de Diversidade Sensorial de Galicia).