Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Recreación Tradicional da Esfolla de Doso en Narón

09/11/2019|17:00 - 20:00

De balde
esfolla-doso

Chega un ano máis a recreación tradicional da esfolla de Doso. Queredes coñecer a programación que ofrece?

Contámosvos, ademais , que a organización anima as persoas a acudir con prendas de roupa como as utilizadas no século XX para ambientar esta celebración, de modo que os homes poderán ir con boina ou sombreiro, chaleco e prendas preferentemente de tecidos como la ou liño e as mulleres con pano na cabeza, mantón, mandil e zocas ou algún calzado similar.

Data: sábado, 9 de novembro de 2019

Lugar: pista polideportiva de Doso

Hora: a partir das 17:00 h

Programación:

– Comitiva dos carros de maínzo

– Obradoiros de bonecos de maínzo e bolas de tixola

– Exposición de bonecos de maínzo realizados nos centros escolares

– Música e danza tradicional a cargo das escolas e grupos do Padroado da Cultura

– Esfolla do maínzo

– Actuación musical de Pepe Vaamonde Grupo

– Concurso de sobremesas (as persoas que queiran participar deberán levar a sobremesa feita e terá que ser elaborada con produtos de tempada. É precisa inscrición que se realizará unha vez que se entregue a sobremesa).

2º campionato de debagado de maínzo (é precisa inscrición, que se fará a partir das 17:00 h nunha zona habilitada para tal fin)

Entradas: entrada libre e de balde

Organiza: Padroado da Cultura do Concello de Narón e a A.VV A Naveira de Doso

+infowww.naron.es/web/cat/gal/noticias/get/3420

Detalles

Data:
09/11/2019
Hora:
17:00 - 20:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,

Organizadores

Padroado da Cultura do Concello de Narón
A.VV A Naveira de Doso

Lugar

San Lourenzo de Doso

Pin It on Pinterest