Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Recreación da esfolla tradicional en Narón

10/11/2018|17:00 - 20:00

De balde
esfolla-doso

Comitiva dos carros de maínzo / Obradoiros de bonecos de maínzo e “bolas da tixola”

Exposición de bonecos de maínzo realizados nos centros escolares

Música e danza tradicional a cargos das escolas e grupos do Padroado da Cultura

Esfolla do maínzo / Actuación musical a cargo do grupo Aliboria

Concurso de sobremesas / 1º campionato de debagado de maínzo

 

Día: 10 de novembro de 2018

Hora: a partir das 17:00 h

Lugar: pista polideportiva de Doso (baixo toldo)

Organiza: Padroado da Cultura do Concello de Narón e A.VV A Naveira de Doso

 

 

Unha comitiva de dous carros cargados con mazarocas de maínzo chegará á zona procedente do rueiro da Braña para comezar a esfolla. As persoas asistentes poderán colaborar durante a tarde nesta tarefa e, como novidade este ano, haberá tamén un concurso de debagado de maínzo, para o que non será precisa inscrición previa.

Entre as actividades incluídas na programación están tamén obradoiros de bonecos de maínzo e bolas de tixola (a base de fariña milla e auga e que se poderán degustar ese día), nos que poderán participar todas as persoas que o desexen a medida que vaian chegando á celebración.

Tan só será preciso inscribirse previamente para o concurso de sobremesas con produtos de tempada, que se organiza un ano máis e para o que terán que entregar a súa proposta xunto cos datos persoais no momento de anotarse.

Un ano máis, haberá unha exposición de bonecos de maínzo que se realizaron nos últimos días nos centros escolares da cidade.

O apartado musical correrá a cargo das escolas e grupos do Padroado da Cultura e tamén do grupo Aliboria, integrado por novos músicos galegos dirixidos por Xosé Lois Romero e que conta actualmente cunha ampla traxectoria na música folk e tradicional.

Anímase a que todas as persoas que asistan a este evento acudan vestidas con prendas que habitualmente utilizaban os labregos en Galicia.

Detalles

Data:
10/11/2018
Hora:
17:00 - 20:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,

Organizadores

Padroado da Cultura do Concello de Narón
A.VV A Naveira de Doso

Lugar

San Lourenzo de Doso

Pin It on Pinterest