Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Recreación da esfolla en Narón

12/11/2022|17:00 - 20:00

De balde
xxdfs

Celebración da tradicional recreación da esfolla, unha recreación etnográfica arredor dunha tarefa agrícola e comunitaria desenvolvida nun rueiro agrícola na parroquia de Doso, que reproduce elementos e valores de base comunitaria, de participación da veciñanza e de reconstrución e práctica activa da cultura popular. Veciñas e veciños da parroquia, e tamén chegados doutros concellos acoden en moitos casos vestidos con roupas propias do século XX para contribuír a ambientar esta celebración, cun marcado carácter rural.

Data: sábado, 12 de novembro de 2022

Horario: a partir das 17:00 h

Lugar: pista polideportiva de Doso

Entradas: actividade de balde e sen inscrición nin recollida de entradas previa

Programación:

17:00 h Comitiva dos carros de maínzo que parten do rueiro da Braña ata a pista polideportiva de Doso, onde serán recibidos polas persoas que acudan á convocatoria e  pola música dos grupos das escolas do Padroado da Cultura de Narón.

18:00 h Esfolla (poderán participar todas as persoas que o desexen)

19:00 h Actuación musical do grupo Os do fondo da barra

Actividades para todos os públicos ao longo da tarde:

  • obradoiros de elaboración de bonecos de maínzo
  • bolas da tixola
  • exposición de bonecos de maínzo realizados polos escolares do concello
  • campionato de debagado de maínzo (haberá que anotarse previamente)
  • concurso de sobremesas (elaboración de sobremesas con produtos de tempada, aberto á participación da cidadanía en xeral. As persoas que desexen participar teñen que anotarse ás 17.00 horas e recibirán un número para concursar cos doces que elaboraron e que valorará un xurado popular, encargado de conceder os premios deste certame.

Organiza: Padroado da Cultura do Concello de Narón coa colaboración da A.VV A Naveira de Doso.

Podes descargar aquí o cartel 

Máis info: https://bit.ly/3UyMFyY

Detalles

Data:
12/11/2022
Hora:
17:00 - 20:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,

Lugar

pista polideportiva de Doso
Doso 15597

Organizadores

Padroado da Cultura do Concello de Narón
A.VV A Naveira de Doso

Pin It on Pinterest