Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Radio BULEBULE,de Paco Nogueiras, en Ponteareas

08/02/2019|17:30 - 18:30

08-02-2019-apego

Nesta ocasión o Auditorio Municipal acolle este venres, día 08 de febreiro  ás 17:30 horas o espectáculo “Radio Bule Bule “, de Paco Nogueiras.

Paco Nogueiras convídavos vivir a radio en directo nun divirtidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Temos de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. A mellor guía para descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal.

Radio BULEBULE é a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante,transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos. A emisora que máis nos gusta. Porque dentro dela soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música.Unha fantástica oportunidade de brincar e de pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Esta actividade é de balde e forma parte dun conxunto de actividades realizadas de xeito mensual que fomentan a vinculación das familias co galego, dentro do proxecto Apego.

Detalles

Data:
08/02/2019
Hora:
17:30 - 18:30
Actividade Category:

Pin It on Pinterest