É un espectáculo de música en directo, cantigas e contos, onde Baobab Teatro ofrece o seu labor de recuperación da tradición oral para o que recorreu ás persoas maiores que lles contaron e cantaron xogos e cantigas de cando eran nenas.
A función fai unha travesía entre temas de propia autoría mesturados con temas de tradición oral e popular; e está pensada para as/os máis pequenas/os, de 1 a 3 anos.
Haberá dous pases, de aproximadamente 45 minutos cada un, ás 11.00 h e ás 12.30 h.