Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Puño, puñete en Narón

19/12/2018|18:00 - 18:40

De balde
cartel-punete

– Puño, puñete, que tes por dentro?

– Pan e fermento!

– Puño, puñete, que tes por fóra?

– Pan e cebola!

Así comeza este espectáculo de música en directo, cantigas, contos e tradición oral no que Baobab Teatro fará que pequenos/as e maiores descubran un mundo de sensacións e emocións.

 

Data: mércores, 19 de decembro de 2018

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 40 minutos)

Lugar: SC A Pombiña (Pedroso)

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 1 a 7 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 30 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do programa Nadal en Rede. Este programa está inserido na Rede de Dinamización Lingüística, da que forma parte o Concello de Narón e polo que foi escollido para acoller esta actividade .

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto
  • A participación será por estrita orde de inscrición.

Detalles

Data:
19/12/2018
Hora:
18:00 - 18:40
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Organizador

Secretaría Xeral de Política Lingüística
Web:
www.lingua.gal

Lugar

SC A Pombiña de Pedroso
Camiño Torre,23
Pedroso, 15597
+ Google Map

Pin It on Pinterest