O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organizou unha programación infantil para o Nadal 2020 adaptada ao formato virtual.
Unha morea de actividades para xuntármonos arredor da lingua, a música e a cultura que nos axudan nestes días incertos e monótonos. Unha programación de Nadal divertida, didáctica e, sobre todo, segura.
Xuntamos as bandas, músicas/os, actrices e actores, contacontos, inventoras, técnicas/os de son, escritoras/es para poder gravar concertos, obradoiros, contacontos e actuacións dos vosos artistas favoritos para que poidades gozalas na casa, con toda a seguridade e comodidade.
No Facebook de Apego, no noso e na web fomos publicando as actuacións de, entre outros, Cé Orquestra Pantasma, Xoán Curiel e a Banda do Verán, Mamá Cabra, Chuches Amil, Lydia Botana, Cris de Caldas, A Xanela do Maxín ou Pablo Díaz.
Teredes todo o Nadal e mais o mes de xaneiro de 2021 para ver estas actuacións gravadas unha e outra vez mentres se volve á normalidade.