Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Prende no colo en Val do Dubra

11 Xullo|19:00 - 20:00

apego-xornal

Comezamos coas actividades programadas para as familias do Apego, cun obradoiro musical infantil da man do músico, bailador e profesor de música e baile tradicional, Luís Prego, o vindeiro xoves 11 de xullo ás 19:00 horas na Casa da Cultura (na sala a carón da biblioteca que, a partir de agora, será o noso Espazo Apego).

PRENDE NO COLO é o título deste obradoiro destinado a familias con crianzas de 0 a 5 anos, no que aprenderemos cancións de berce para arrolar aos/ás máis pequenos/as, pero tamén xogos e cancións infantís para implicar e axudar ás familias no proceso de aprendizaxe e de transmisión das nosas tradicións e da nosa lingua; dende cancións para aprender as partes do corpo, a xogos de descuberta e recitados sinxelos.

A asistencia ao obradoiro é de balde, pero cómpre inscribirse no propio Servizo de Normalización Lingüística, no primeiro andar da Casa do Concello, ou a través do correo electrónico andrea.muino@valdodubra.gal ou do teléfono 981889000. O obradoiro está pensado para un máximo de 20 nenos ou nenas, con un ou dous acompañante/s por neno/a e terán preferencia na inscrición as familias pertencentes ao programa.

Detalles

Data:
11 Xullo
Hora:
19:00 - 20:00
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, ,
Web:
https://valdodubra.gal/prende-no-colo-programa-apego/

Organizador

Concello de Val do Dubra. Servizo de Normalización Lingüística
Teléfono:
981889000
Email:
andrea.muino@valdodubra.gal
Web:
https://valdodubra.gal/

Lugar

Val do Dubra. Casa da Cultura (Bembibre)
Rúa Arcai, 32, Bembibre
Val do Dubra, 15873
+ Google Map
Teléfono:
981889000

Pin It on Pinterest