Carlos e Quique de Polo Correo do Vento veñen a Moaña para traernos esta proposta na que alternan a narración da vida da homenaxeada no Día das Letras Galegas – Luísa Villalta – coa creación dunha ilustración e a interpretación de distintas pezas musicais. Rematarán cun pequeno coloquio adaptado á idade da rapazada participante e un obradoiro no que cada asistente realizará a súa propia caricatura da autora.
Esta actividade conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra.