Nun planeta non moi afastado atopamos Un Lugar; un verme branco atópao tamén e decide que chegou ao seu lugar, está só… por que aquí?, que ten este Lugar?, moi bonito non é!
Un habitante, ancián, tamén atopa o Lugar, el non está só, está o verme e non quere deixalo marchar… por que? Que ten este Lugar? Algo debe ter porque… veñen máis, si, si, uns cantos máis, todos diferentes… e tamén atopan o lugar e tamén deciden quedar. Por que? Que ten este lugar? As respostas cando se apague a luz… ou cando se acenda…
Teatro marionetas
Público familiar