Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Pitusa Semifusa e os estilos musicais, en Carballo

25 Febreiro|18:00

pitusa-semifusa-estilos-musicais_500

Pitusa Semifusa e os estilos musicais. Concerto infantil de Pitusa Semifusa

Domingo 25 de febreiro | 18.00 h | Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

A vida está chea de cores e de sabores diferentes, e tamén de estilos musicais. Por iso, a través de divertidas e didácticas cancións, o grupo Pitusa Semifusa daranos a coñecer o blues, o reggae, o funky, o swing, o hip hop…, para non parar de cantar e de bailar, e para achegarnos un mundo cheo de matices musicais que cómpre gozar e valorar na diversidade que sempre enriquece.

Participación: público familiar, a partir de 3 anos. Reserva de entradas nas oficinas do Pazo da Cultura desde 15 días antes, ou a través do teléfono 981 704 300 (Servizos Administrativos de Cultura), en horario de mañá. Compra directa ou recollida das entradas encargadas o mesmo día do concerto, desde as 16.30 h, no despacho de billetes do Auditorio. Prezo das entradas: 2 € nen@s e 3 € adult@s.

Organiza: Concellaría de Cultura – Programa Venres Culturais. Colabora: Rede Galega de Teatros e Auditorios – Agadic (Xunta de Galicia)

Programa Inverno 2018 de Apego en Carballo (.pdf, 2,6 Mb)

Detalles

Data:
25 Febreiro
Hora:
18:00
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Lugar

Pazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
Carballo, A Coruña 15100 Spain
Teléfono:
981704304
Web:
www.carballo.gal

Organizador

Concellaría de Cultura do Concello de Carballo
Teléfono:
981704300
Web:
www.carballo.gal

Pin It on Pinterest