
Falamos de “heroas”, “pilotas”, “profas”…?
Que actos heroicos deben acometer as nenas e as mulleres para chegar a desempeñar unha carreira profesional?
A pirata Daniela será quen de ir superando as probas que os piratas homes lle esixen?
Rematamos esta sesións de contos para reivindicar a igualdade coa historia dun pequeno heroe, Juan, un neno ao que lle gustaba pintar as unllas de cores.
Esta proposta artística será signada en galego por XOGA (Organización de Diversidade Sensorial de Galicia) e aprenderemos a signar varias das palabras que aparecen neste espectáculo.