Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Patapatún tun tun, maxia infantil, en Ponteareas

15 Febreiro|12:00 - 13:00

De balde
patapatun

patapatunPatapatún tun tun”, do mago Paco, este sábado, día 15 de febreiro, no Auditorio Reveriano Soutullo, ás 12:00 horas.

Nesta ocasión a sala multiúsos do auditorio municipal acolle este sábado, día 15 de febreiro, ás 12:00 horas, o espectáculo de maxia infantil “ Patapatún tun tun”, a cargo do mago Paco, dirixido a nenas e nenos de 1 a 4 anos.

Patapatún tun tun” é un espectáculo de maxia infantil dirixido aos máis cativos e cativas, que, xunto aos seus pais e nais, gozarán dun espectáculo dirixido especialmente para eles e elas. Neste divertido espectáculo o mago Paco saca a súa faceta máis tenra para achegar o mundo da maxia aos nenos e nenas máis pequenos a través de xogos, monecos, ou historias.

Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de 1 a 4 anos e é completamente de balde.

Para poder participar nesta actividade é necesario facer a inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas (Tlf 986640000, ext.1010), antes do día 15 de febreiro.

Detalles

Data:
15 Febreiro
Hora:
12:00 - 13:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas ( Concellería de Cultura e Lingua)
Teléfono:
986640000, ext.1010
Email:
lingua@ponteareas.es

Lugar

Auditorio Municipal Reveriano Soutullo
Dr. Fernández de La Vega s/n
Ponteareas, Pontevedra 36860 Spain
+ Google Map
Teléfono:
986 661 674
Web:
https://www.paxinasgalegas.es/auditorio-reveriano-soutullo-183672em.html

Pin It on Pinterest