Espectáculo de maxia para bebés
Neste divertido espectáculo O Mago Paco amosa a súa faceta máis tenra para achegarlles o mundo da maxia ás crianzas máis pequerrechas, mediante xogos, disfraces, cancións, bonecos e historias.
De repente, todo ten maxia. Só hai que berrar ben forte: Patapatún tun tun!
Data: venres 25 de abril.
Horario: ás 17:30 h (duración aproximada 45 minutos).
Lugar: salón de actos do Concello de Carnota.
Persoas destinatarias: familias con crianzas de 1 a 4 anos.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística.
Prazas limitadas (35 persoas).
Actividade de balde, con inscrición previa enviando un correo a cultura@carnota.gal.
Na solicitude de inscrición débense indicar os seguintes datos: