Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Patapatúm en Narón

15/04/2018|18:00 - 18:45

9,50€
patapatum

O Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. PATAPATÚM propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre pais e fillos. As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlle moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode axudar a desenvolver a súa creatividade.

Por outra banda, pode acontecer que eses obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os proxenitores teñen para dedicar aos seus fillos.

 

Data: domingo, 15 de abril de 2018

Horario: ás 18:00 h  (duración aproximada 45 minutos)

Lugar: Pazo da Cultura

Destinatari@s: nenos e nenas de 2 a 8 anos e as súas familias

 

As entradas pódense recoller na billeteira do Pazo da Cultura en horario de atención ao público.

As tarifas son:

  • Público xeral: 9,50€
  • Abonados, desempregados ou carné Xove ou de estudante (ata 25 anos): 6,65€
  • Menores de 14 anos:  5,50€

+ Información no teléfono 981 102 897 ou no enlace https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/patapat%C3%BAm

Detalles

Data:
15/04/2018
Hora:
18:00 - 18:45
Prezo:
9,50€
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
http://www.padroadodecultura.es

Organizador

Padroado da Cultura do Concello de Narón
Teléfono:
981 391 144
Web:
https://www.padroadodecultura.es/

Lugar

Pazo da Cultura de Narón

Pin It on Pinterest