Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

As parábolas de Pakolas en Narón

15/10/2020|18:00 - 19:00

De balde
pakolas

As Parábolas de Pakolas chega da man de Paco Cerdeira como espectáculo de pequeno formato no que este, “Pakolas”, interpreta en directo, acompañado da súa guitarra, unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con música xirando en torno ao rock e outros estilos que entusiasman aos cativos e cativas, e con letras sempre axeitadas para os mais pequenos. O eixo fundamental radica na combinación das cancións coa narración dalgunhas historias e contos que nelas se recollen, cunha mensaxe final, e que forma así no conxunto, unha fermosa “parábola” musical da que aprender e na que pensar.

Data: xoves, 15 de outubro de 2020

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social do Alto

Destinatarios: familias inscritas no proxecto Apego no Concello de Narón. Só poderá asistir unha persoa adulta por neno/a.

Inscricións: prazas limitadas. Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

É obrigatorio o uso de máscara en todo o local para as persoas adultas e nenos e nenas a partir de 6 anos, e hixienizar as mans con hidroxel, que estará á disposición das familias á entrada da sala onde se vai desenvolver a actividade.

Podes descargar o cartel aquí 

Detalles

Data:
15/10/2020
Hora:
18:00 - 19:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social do Alto do Castiñeiro
R/Manuel Antonio, nº7
Narón, A Coruña 15570
+ Google Map
Web:
https://www.facebook.com/avvalto/

Pin It on Pinterest