Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Os tres porquiños en Narón

07/10/2018|18:00 - 19:00

9€
os-tres-porquinos

O Padroado da Cultura do Concello de Narón trae ao Pazo esta obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a figura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos. Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.

Se queredes asistir xa podedes coller as vosas entradas, que voan!!!

Xénero: teatro

Lugar: Pazo da Cultura

Día: domingo, 07 de outubro de 2018

Hora: ás 18:00 h (duración aproximada de 55 minutos)

Destinatari@s: recomendado a partir de 2 anos.

Prezo das entradas: todos os públicos 9 euros

Organiza: Padroado da Cultura do Concello de Narón

 

+info: 981 102 897 ou en https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/os-tres-porqui%C3%B1os-0

Detalles

Data:
07/10/2018
Hora:
18:00 - 19:00
Prezo:
9€
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, ,

Organizador

Padroado da Cultura do Concello de Narón
Teléfono:
981 391 144
Web:
https://www.padroadodecultura.es/

Lugar

Pazo da Cultura de Narón

Pin It on Pinterest