Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Os romeiros do caracol en Ferrol

31 Agosto|20:00 - 21:00

De balde
cartaz-os-romeiros

Os romeiros do Caracol, de Fantoches Baj, é un espectáculo no que se utiliza de escenografía un enorme caracol –vivenda para contar e cantas as cancións, ritos e lendas de Santo André de Teixido, baseadas na monumental obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas. Con todo o material etnográfico da obras  constrúese un espectáculo para público familiar   que ten como eixo un enorme caracol-vivenda no que se contan e cantan os cancións e as lendas de San Andrés.

Títeres, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos do teatro popular deste espectáculo con música en directo interpretada polo acordeón diatónico de Carlos Quintá

Santo André  de Teixido é un dos santuarios máis importantes de Galicia aos que nos achegan os irmáns Quintá percorrendo o camiño de voltaá súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a San Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en San Andrés:

– A foliada de San Andrés

– Os poderes salvíficos dos Sanandresiños de miga de pan – A orixe da barca de pedra

– As caldrupeiras de San Andrés

– As rosquillas das tres comadres

– A herba de namorar.

 

Detalles

Data:
31 Agosto
Hora:
20:00 - 21:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
,
Web:
http://www.ferrol.gal

Organizador

Concellería de Normalización Lingüística.Concello de Ferrol

Lugar

Praza de Amboaxe
Praza de Amboaxe
Ferrol, A Coruña 15402 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981944000
Web:
ferrol.gal

Pin It on Pinterest