Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Os romeiros do caracol en Compostela

27/10/2019|12:30 - 13:30

De balde
danza-en-familia

Comezan os Doce Doces de Outono con Os romeiros do caracol, de Fantoches Baj, un espectáculo no que se utiliza de escenografía un enorme caracol –vivenda para contar e cantas as cancións, ritos e lendas de Santo André de Teixido, baseadas na monumental obra Romarías e santuarios de Galicia de Antón Fraguas. Con todo o material etnográfico da obra  constrúese un espectáculo para público familiar que ten como eixe un enorme caracol-vivenda no que se contan e cantan as cancións e as lendas de Santo André.

Títeres, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos do teatro popular deste espectáculo con música en directo interpretada polo acordeón diatónico de Carlos Quintá.

Santo André de Teixido é un dos santuarios máis importantes de Galicia aos que nos achegan os irmáns Quintá percorrendo o camiño de volta á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a Santo André en forma de caracol, xa que non fora de vivo. Tendo en conta que o camiño ía ser lento, viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en Santo André: “A foliada de Santo André”, “Os poderes salvíficos dos Sanandresiños de miga de pan”, “A orixe da barca de pedra”, “As caldrupeiras de Santo André”, “As rosquillas das tres comadres”, “A herba de namorar”…

+ 3 anos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Despois do espectáculo haberá unha degustación de doces de outono.

Detalles

Data:
27/10/2019
Hora:
12:30 - 13:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
http://apego.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Centros Socioculturais
Web:
http://www.santiagosociocultural.org/

Lugar

Centro Cívico de Conxo
Praza de Aurelio Aguirre, 1. Conxo
Santiago de Compostela, A Coruña 15702 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 52 87 40
Web:
www.facebook.com/csconxo

Pin It on Pinterest