Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Os cambios na infancia – Espazo Apego de Santiago

20/05/2022|17:30 - 18:30

De balde
rutinas_web

OS VENRES… OBRADOIROS PARA MEDRAR! (para nais, pais ou persoas adultas coidadoras de crianzas ata os 6 anos)

Obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza que se van desenvolvendo ao longo do mes, cunha sesión semanal. Trátanse temas de especial interese nas idades máis temperás e combínase a aprendizaxe das persoas adultas coas actividades para a cativada. Para esta actividade non hai límite no número de persoas adultas por crianza para promovermos a educación familiar.

Este mes ofrécense obradoiros formativos para as persoas implicadas na crianza guiados pola Asociación Arraianas e actividades lúdicas simultáneas para as crianzas que o desexen na sala anexa (de 2 a 6 anos).

 “Os cambios na infancia”

Abordaranse, desde unha perspectiva sistémica, algúns dos cambios máis importantes no ciclo da vida e a forma na que lles afectan ás crianzas e á familia. A exposición dos contidos que seguen verase sempre reforzada cun diálogo coas persoas participantes no obradoiro.

6 de maio: A autonomía e a adquisición de hábitos

13 de maio: Novos nacementos na familia

20 de maio: O tratamento da morte

27 de maio: Separación e divorcio

A inscrición das familias para os obradoiros é única para os venres 6, 13, 20 e 27 de maio neste FORMULARIO.

Detalles

Data:
20/05/2022
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest