Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Os Bolechas. Amigo monte

30 Xuño|18:30 - 19:30

1442854974032_860_1000_u_122feea4d3475a185c1d02dfed12740

Os Bolechas chegan a unha suposta fraga para ver animais e respirar aire puro. Pero o lugar está cheo de lixo e contaminación. Alí atopan un personaxe pouco amigable, ao que só lle preocupan os cartos e a tecnoloxía. Ata que os Bolechas -coa axuda do público- lle fan ver a necesidade de manter limpos os bosques e coidar o medio no que vivimos.

O espectáculo mistura o formato de monicreques manipulados por actores á vista con actores reais. Aínda que os verdadeiros protagonistas da historia son, como é habitual, as nenas e nenos que participan na actividade, especialmente pensada para estudantes de educación infantil e primaria.

A duración media da función está arredor dos 60 minutos e é necesaria a inscrición a través de ticketea, que se abrirá o 25 de xuño a partir das 10.00 horas.

A actividade está organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística dentro da Rede de Dinamización Lingüística e nela colabora o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña

Organizadores

Secretaría Xeral de Política Lingüística
Concello da Coruña

Lugar

Centro Cívico dos Mallos
Avenida de Arteixo 147
A Coruña, A Coruña 15007 Spain
+ Google Map
Web:
http://www.coruna.gal/lingua/gl/detalle/centro-civico-os-mallos/entidad/1360746626459

Pin It on Pinterest