
Proposta baseada na nosa tradición oral con adiviñas, trabalinguas, contos rimados acumulativos, encadeados… para xogar cos sons, co ritmo, coa xestualidade e coa lingua de maneira divertida e participativa. Todo adubado con toques musicais, instrumentos e outros obxectos que enchen esta proposta de ritmo e frescura.
Para familias con crianzas de 0 a 4 anos.
Actividade de balde, mais cómpre inscrición previa.
(Comezo ás 17.15 h)