A Tareixa o que máis lle gusta no mundo é facer xirar os seus muíños de vento, pero un día o vento desaparece. Para resolver o misterio e conseguir que os seus muíños volvan a xirar decide emprender unha longa viaxe, na compañía do seu curmán Breixo, na que coñecerá e axudará a moitas personaxes e vivirá miles de aventuras. Finalmente descobren que a contaminación é a culpable da desaparición do vento, pero aínda estamos a tempo de solucionalo.
Data: venres, 15 de marzo de 2019
Horario: realizaranse 2 sesións, a 1ª ás 17:30 h e a 2ª ás 19:00 h (duración aproximada 40 minutos)
Lugar: centro cívico social de Piñeiros
Destinatari@s: nenos e nenas de 0 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s por sesión, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es
Na inscrición, que se poderá realizar do 11 ao 15 de marzo, deben aparecer os seguintes datos:
A participación será por estrita orde de inscrición.
Podedes descargar o cartel aquí