Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Obradoiro práctico Montessori (0-12 meses), en Carballo

24 Maio|11:00

De balde
obradoiro-montessori_rec_web

Obradoiros prácticos Montessori. Con Giovanna Pose, guía Montessori en Aura Carballo

Obradoiros prácticos dirixidos a nais e pais en que se traballarán dinámicas sobre a linguaxe, o movemento, a área sensorial e cognitiva, a vida práctica e social e a educación artística, sempre a partir do método educativo Montessori e aprendendo a acompañar os nosos fillos e as fillas no proceso de aprendizaxe do que son protagonistas. Haberá dous obradoiros, adaptados ás correspondentes idades.

>Martes 22 de maio, ás 18.00 h: para familias con nenas/os de 3 a 5 anos.

>Xoves 24 de maio, ás 11.00 h: para familias con bebés de 0 a 12 meses.

Salón de actos do Pazo da Cultura

Participación: dirixido a familias con nenos/as segundo as idades indicadas para cada día. Poden participar un máximo de 15 familias en cada un dos obradoiros, por orde de inscrición. Inscrición previa de balde desde o día 15 de maio no Servizo de Normalización Lingüística ou no enderezo electrónico nelvidal@carballo.gal, achegando os seguintes datos:

-Obradoiro en que se quere participar: martes 22 de maio (3-5 anos) ou xoves 24 de maio (0-12 meses)

-Nome e apelidos:

-Nome da nena ou neno:

-Tempo que ten a nena ou neno:

-Teléfono de contacto:

-Enderezo electrónico:

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística e Aura Carballo

Programa completo de Apego en maio e xuño en Carballo, en .pdf, aquí >

Detalles

Data:
24 Maio
Hora:
11:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,

Organizador

SNL do Concello de Carballo
Teléfono:
981704304
Email:
nelvidal@carballo.gal
Web:
www.carballo.gal

Lugar

Pazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
Carballo, A Coruña 15100 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981704304
Web:
www.carballo.gal

Pin It on Pinterest