Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Obradoiro de regueifas de Lupe Blanco en Narón

21 Xaneiro|17:00 - 18:00

De balde
imaxe-lupe

Lupe Blanco guiaranos por unha sesión lúdica, participativa e moi divertida onde xogará coas palabras e coa música para achegarnos á arte de regueifar. Un divertimento creativo e emocionante onde experimentaremos coas melodías, coas rimas e cos retrousos para crear novos vínculos de apego coa lingua.

 

Data: mércores, 21 de xaneiro de 2026

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 60 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. Prazas limitadas. Os/as menores irán acompañad@s dunha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

 Descarga o cartel

 

Detalles

Data:
21 Xaneiro
Hora:
17:00 - 18:00
Prezo:
De balde
Actividade Categories:
,
Etiquetas de Actividade:
, , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social de San Xiao
Lugar da Igrexa, s/n
Narón, A Coruña 15578
+ Google Map

Pin It on Pinterest