
Co gallo do Día das Letras Galegas, dedicadas este ano á tradición popular oral, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Val do Dubra organiza un obradoiro didáctico de regueifa co noso grupo tradicional local o venres 16 de maio, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura (na sala a carón da biblioteca, no noso Espazo Apego)
Será Silvia García, profesora do Grupo A.X. Regueifa, a encargada de explicarnos os distintos significados da regueifa: o molete, a disputa dialéctica e o roscón que gañaba a parte que mellor facía a regueifa nunha voda. Pero non só escoitaremos, senón que tamén teremos que poñer en práctica o aprendido e arrincar a cantar e bailar en familia.
A actividade está recomendada para nenos e nenas cunha idade comprendida entre os 3 e os 6 anos, sempre con un ou dous acompañantes.
O obradoiro está pensado para un máximo de 20 nenos e nenas e, polo tanto, as prazas son limitadas, polo que cómpre inscribirse previamente no propio Servizo de Normalización Lingüística, no primeiro andar da Casa do Concello, ou a través do correo electrónico andrea.muino@valdodubra.gal ou do teléfono 981 889 000. Só precisamos o nome e os apelidos da crianza e o nome e apelidos do(s) acompañante(s).