Sesión lúdica, interactiva e moi divertida onde se xogará coas palabras e coa música para achegarnos á arte de regueifar da man da regueifeira Lupe Blanco. Un divertimento creativo e emocionante onde experimentaremos coas melodías, coas rimas e cos retrousos para crear novos vínculos de apego.
Dirixido a crianzas de 2 a 6 anos
A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 22. Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta acompañante. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:
Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.