Charlas e obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza: seguridade viaria, coleo, aleitamento, nutrición, oferta das escolas infantís municipais, crianza plurilingüe, as vantaxes de medrar en galego, recursos educactivos, educación emocional, como contar contos, a música na crianza, ergonomía e movemento… Os mércores a familia vai á escoliña!
Este mércores… “Obradoiro de masaxe para cólicos” impartido por Nai Natura no Espazo Apego!
Masaxes destinadas a aliviar as molestias típicas dos primeiros meses dos bebés: cólicos, malestar, gases, estrinximento… Aprenderemos a axudarlles a activar e estimular o seu aparato dixestivo para que realice o seu traballo correctamente.
Importante! É preciso traer unha toalla ou mantiña e mais un aceite adecuado para a pel do bebé.
Familias con crianzas ata 12 meses.
Prazas limitadas (15 familias). Asignación por orde de chegada.