Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Obradoiro de creación artística de cartas ao Apalpador con Mirari Urruzola – Espazo Apego de Santiago

11/12/2021|12:00 - 13:00

De balde

UN NADAL CON APEGO E SEMENTE!

A Asosciación Semente Compostela tráenos outro obradoiro para o Nadal… Agora de artes plásticas! Neste obradoiro escribirémoslle unha postal ao Apalpador.

Inspirándose no traballo de Sonia Delaunay, a artista Mirari Urruzola guiará o obradoiro onde se usarán anacos de cartolina de distintas formas e cores para elaborar os personaxes e espazos onde habitamos. Deste xeito podemos contarlle ao Apalpador quen somos e onde vivimos. Na outra cara da postal escribiremos a nosa carta e mesmo podemos inventar unha nova tipografía con cartolinas negras cortadas en forma de cadrado, rectángulo ou círculo.

A intención do obradoiro é fuxir de imaxes e esquemas predefinidos que proveñen do mundo adulto e que, ao ser alleos á expresividade singular e natural das experiencias infantís, limitan a libre expresión da súa creatividade.

É obrigada a inscrición a través do formulario dispoñible na páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago delingua.santiagodecompostela.gal.

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. É preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Detalles

Data:
11/12/2021
Hora:
12:00 - 13:00
Prezo:
De balde
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Concellaría de Acción Cultural

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest