Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

ACTIVIDADE ADIADA!! Obradoiro de coleo – Gaia Ecocrianza en Santiago

25 Marzo|17:30 - 18:30

De balde
obradoiro-de-coleo

Charlas e obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza: seguridade viaria, coleo, aleitamento, nutrición, oferta das escolas infantís municipais, crianza plurilingüe, as vantaxes de medrar en galego, recursos educactivos, educación emocional, como contar contos, a música na crianza, ergonomía e movemento… Os mércores a familia vai á escoliña!

Este mércores toca “Obradoiro de coleo” impartido por Gaia Ecocrianza no Espazo Apego!

Que é o coleo? E a xestación exterior? En que consiste a teoría do apego? Por que deberiamos colear? Cal é a perspectiva do bebé? E a de quen colea? etc. Son algunhas das moitas cuestións que se tratarán nesta charla-obradoiro sobre os beneficios de colear e os tipos de portabebés. 

Dirixido a familias que agardan un bebé e con crianzas de entre 0-5 anos.

Prazas limitadas (15 familias). Asignación por orde de chegada.

 

Detalles

Data:
25 Marzo
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, ,

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.facebook.com/linguagalegasantiagodecompostela

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest