Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Obradoiro de camisolas e chapas en Narón

23 Febreiro|10:00 - 11:30

De balde
foto-chapas

Co motivo da conmemoración do Día de Rosalía, o 24 de febreiro, o SNL organiza un obradoiro de camisolas e chapas para afondar na obra de Rosalía de Castro dun xeito lúdico e didáctico. Ademais, a partir das 12 a Biblioteca Pública Municipal organiza a lectura de poemas de Rosalía, polo que se anima a todas as persoas que o desexen a ler un poema da obra desta autora. Podédelo traer buscado da casa ou podedes, en calquera momento buscalo na propia biblioteca.

Renova a camisola con Rosalía de Castro

Obradoiro de pintura e creatividade literaria sobre camisolas. Cada participante terá que crear un lema para a súa camisola, guiándose por sinxelos xogos de escrita creativa que variarán en función da idade das e dos participantes: creación de acrósticos a partir do nome da autora, reelaboración de versos a partir de parellas de palabras escollidas ao chou,… ademais de plasmar a imaxe de Rosalía na camisola.

Para coidar o medio ambiente, pedímosvos que traiades as vosas vellas camisolas para reutilizalas nesta actividade, mais se non tedes ningunha axeitada non vos preocupedes pois poñeremos unha á vosa disposición.

 

Chapando a Rosalía

Obradoiro de lectura de poemas de Rosalía e realización de chapas. Cada participante deberá escoller un ou varios versos da obra de Rosalía de Castro. Os versos escollidos serán os que, xunto cun debuxo da autora, aparecerán na chapa.

 

Data: sábado, 23 de febreiro de 2019

Horario: de 10:00 a 11:30 h

Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Narón

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Poderán asistir un máximo de 20 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón

 

Inscrición: actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición, que se poderá realizar do 18 ao 22 de febreiro, deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

 

Pode descargar o cartel aquí

Detalles

Data:
23 Febreiro
Hora:
10:00 - 11:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Pin It on Pinterest