
Este obradoiro pretende achegar a música ás familias de crianzas que aínda non camiñan ou ás que esperan un bebé e familias con crianzas ata 6 anos, a través de materiais musicais e ferramentas básicas para poder traballar coa lingua durante a sesión, ademais de música en directo.
Imparte: Mª. Leticia Falcón, educadora musical
Sábado, 20 de xaneiro, ás 11.00 h
Biblioteca dos Tilos
Dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos.
Prazas limitadas a 40 persoas, de balde con inscrición previa.
Inscricións a partir do 10 de xaneiro a través de https://teo.gal/actividades