Xunto con Gloria Mosquera e Diego Maceiras, aprenderemos arrolos cos que adormecer, aleitar…, e gozar da música nos primeiros días e meses de vida.
O grupo Mamá Cabra ten como obxectivo cantar, bailar e transmitir o gusto pola música ás crianzas, e este obxectivo comeza nas voces das súas familias coas que comparten cancións para arrolar en galego.
Para futuros papás e mamás e familias con nenos de 0 a 3 anos.
Inscrición previa do 14 ao 21 de novembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal
Entrada de balde