O broche final da Festa do Apego deste ano en Santiago vaino poñer María Fumaça presentando o seu novo disco!
O veleiro verde ás 19.30 h. Estrea dun novo traballo deste proxecto musical que celebra a vida e que naceu como unha idea de Uxía para agasallar a Ruí, un neno con diversidade funcional que forma parte dos artistas que encherán o escenario e que amosarán como a diferenza, vivida con normalidade, amplía os horizontes e fai o noso mundo máis grande.
Todas as idades.
Sala Ángel Brage (Auditorio de Galicia).