Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

O souto dos prodixios en Narón

21/09/2018|18:30 - 19:30

De balde
foto-3

Espectáculo que conxuga o teatro, a música e un mundo máxico onde todo pode suceder: os ourizos falan en varios idiomas, os raposos cantan máis que ben, os coellos bailan muiñeira, os sapos compoñen poemas que riman e os osos fan punto de cruz nas silveiras…

 Data: venres, 21 de setembro de 2018

Horario: ás 18:30 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social do Val

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 35 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Aquí podedes descargar o cartel

 

 

Detalles

Data:
21/09/2018
Hora:
18:30 - 19:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social do Val
Vilacornelle, s/n 15541 + Google Map

Pin It on Pinterest