Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

O soño dos Golfiños en Moaña

29/12/2021|18:00 - 19:00

De balde
o-sono-dos-golfinos

Cun olliño aberto e o outro pechado, os golfiños dormen, sempre atentos, dispostos a saltar en calquera momento e chegar ás nubes máis altas cos seus brincos, buscando o seu soño…

Neste espectáculo, os golfiños viaxarán por un mar de músicas cun repertorio moi variado, cantando novos temas e lembrando as súas cantigas de sempre.

Nesta viaxe, na procura do soño dos golfiños, haberá tempo para bailar, xogar, cantar, rir e soñar, gozando todos e todas en familia deste divertido concerto.

É unha oportunidade para volver a casa feliz, cun sorriso nos beizos, cantaruxando novas melodías e valorar esas pequenas cousas da vida que nos unen.

Soñemos cos golfiños…

Detalles

Data:
29/12/2021
Hora:
18:00 - 19:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Organizador

Biblioteca Pública Municipal de Moaña, Servizo de Normalización Lingüística e Servizo de Muller e Igualdade

Lugar

Praza do Concello
As Barxas, 2
Moaña, 36950
+ Google Map

Pin It on Pinterest