Domingo 12 de febreiro, ás 18.00 h, no Pazo da Cultura de Carballo
O secuestro da bibliotecaria, de Sarabela Teatro
Os bandidos pretenden xerar un caos cultural co secuestro da bibliotecaria e obrigar ás autoridades a pagar polo rescate. Pero o virus da varicela e un tremor de terra veñen complicalo todo.
Peripecia tan divertida como estimulante onde o amor pola lectura se coloca como principal protagonista. Risos, maxia e tenrura emerxen desta aventura.
Sarabela Teatro é unha das compañías máis consolidadas de Galicia. Conta con 36 anos de traballo e numerosos premios, o máis recente o Premio da Cultura Galega de Artes Escénicas outorgado pola Xunta de Galicia, co que pretende recoñecer a excelencia no traballo nos diferentes ámbitos culturais.
Intérpretes: Sabela Gago, Fernando Dacosta, Nate Borrajo, Josito Porto e Alfonso Míguez / Dirección e dramaturxia: Fina Calleja, baseada no conto de Margaret Mahy.
Duración: 55 min
Público: a partir de 5 anos
Prezo da entrada ordinario: 3 €
Prezo especial con desconto: 2 €
Reserva de entradas: nos Servizos Administrativos de Cultura (no Pazo da Cultura de Carballo), no teléfono 981 704 300, desde 15 días antes da celebración do espectáculo.
Rede Galega de Teatros e Auditorios