Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

O quebranoces para bebés en Narón

11/05/2018|18:00 - 18:30

De balde
foto-1

Musicreques é un conto musical nos que se mestura o teatro de monicreques e a música de piano en directo. Os divertidos monicreques e a coñecida música de Tchaikovsky executada en directo ao piano, achegarán aos nenos a maxia e a beleza do conto clásico de Hoffmann, levándoos a afastados lugares onde coñecerán a un simpático ruso, a un chinés algo presumido e a unha serpe que quere ser unha ra.

Acompañados tamén por luces de cores, pompas de xabón, e efectos sonoros producidos por pequena percusión, os nenos e as nenas, a través de cantigas e bailes, aprenderán a recoñecer e contar as partes do corpo, distinguir as cores ou saber que é arriba e abaixo… ademais de pasalo fenomenal!

 

Data: venres, 11 de maio de 2018

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 30 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao

Destinatari@s: nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

 

A participación será por estrita orde de inscrición.

 

Aquí podedes consultar todas as actividades programadas desde o SNL do Concello de Narón para os meses de abril, maio e xuño

 

Detalles

Data:
11/05/2018
Hora:
18:00 - 18:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
https://www.facebook.com/normalizacionlinguisticanaron/

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social de San Xiao
Lugar da Igrexa, s/n
Narón, A Coruña 15578
+ Google Map

Pin It on Pinterest