Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

O peirao de Diáspora Teatro en Narón

13 Marzo|17:00 - 17:45

De balde
imaxe-1

Narración oral e teatro de monicreques

Unha sesión de contos sobre a natureza, para coidala, para coidarnos.  Unha viaxe sen rumbo que ten como punto de saída o peirao. O lugar de onde saen moitos barcos e a onde chegan outros. Onde se xunta a terra co mar, os redeiros coas mariñeiras, o ceo e o mar, as gaivotas e as fanecas e onde se xuntan todas as historias que non se sabe moi ben xa de onde veñen, porque se mesturan co que hai en terra.

Data: mércores, 13 de marzo de 2024

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 45 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel 

Detalles

Data:
13 Marzo
Hora:
17:00 - 17:45
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)
Web:
www.naron.es

Lugar

Centro cívico social de San Xiao
Lugar da Igrexa, s/n
Narón, A Coruña 15578
+ Google Map

Pin It on Pinterest