Os Contos de Pablísimo chegan co Paroleiro aos Martes de Contos que se desenvolven este mes de xullo den Compostela. Temos, desta volta, un espazo marabilloso para intercambiar historias, para merendar, para socializar e para facelo todo en lingua galega na contorna incomparable do parque de Bonaval.
Xogos de sombras, monicreques, poemas numéricos, contos de nunca rematar, ladaíñas, brinquedos, cancións, narración oral… Pablísimo achega a súa nova colección de relatos en que enredar unha tarde de verán.
De 3 a 9 anos
Recoméndase levar unha esteira ou toalla para sentar no chan