No marco da actividade Un país de festas e ritos, achegarémonos en familia aos ritos e tradicións sobre o Nadal. Aproveitando o noso patrimonio oral e fomentando o uso da lingua galega, desenvolveremos a creatividade e a imaxinación nunha actividade de aprendizaxe conxunta interxeracional, guiada por Rafael Quintía, de Ab Origine Antropoloxía, e por Quique e Carlos, de Polo Correo do Vento. Con acompañamento musical de Antón Ke e o seu ukelele.
A partir das 15.30 h, despediremos a actividade cunha tarde de xogos en familia.
Para familias con nenas e nenos de 3 a 6 anos.
Todas as actividades son de balde, mais é preciso incribirse para reservar praza.
O Nadal: ritos e tradicións. Ás 12 h en Bora, adro da igrexa de Santa Mariña. 17 dec