Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

O Lobo e a Lúa de Baobab Teatro en Vimianzo

30/12/2017|18:00 - 19:00

De balde
lobo-para-web-01_1

Había unha vez un pequeno lobo que vivía no Prado Azul e precisaba falar coa Lúa, era moi importante o que lle tiña que dicir, como a lúa estaba moi lonxe non o escoitaba, así que o lobo tiña que berrar, cos seus berros non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado.

oloboealuaNo seu intento de falar coa Lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non. No prado azul esta noite, ninguén pode durmir!

Información sobre o espectáculo

O lobo e a lúa é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da Lúa. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e de amor.

Está pensada para público familiar a partir de 3 anos.

Detalles

Data:
30/12/2017
Hora:
18:00 - 19:00
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , , ,
Web:
https://vimeo.com/166483833

Lugar

Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo
A Braña s/n
Vimianzo, A Coruña 15129
+ Google Map
Teléfono:
981716001
Web:
www. vimianzo.gal

Pin It on Pinterest