
Rosiña é unha nena que, para fuxir do aburrimento, ponse a remexer nun baúl e atopa un libro vello. Tras ler as primeiras liñas, comezan a pasar cousas estrañas e Rosiña e os seus amigos e amigas, xunto co público, mergullaranse na aventura de piratas que está escrita no libro.
Coa canción O libro máxico remata este espectáculo cheo de historias e emocións que nos farán espertar a imaxinación.