Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

O grupo de música infantil Supermeiga retransmitido desde Moaña

30/12/2020|18:00 - 19:00

supermeiga-horizontal

Neste espectáculo musical Supermeiga é a heroína de todas as nenas e os nenos. Propúxose ser de maior “o que queira ser” e por iso non para de descubrir e aprender. Viaxa buscando persoas que lle conten historias e que lle ensinen cousas.É unha apaixonada da tecnoloxía, da fotografía, da música… e quere compartir coas outras nenas e nenos os seus descubrimentos.

Toca a guitarra e a batería, é unha prometedora cociñeira, fai trucos de maxia, é fotógrafa, reporteira, influencer … é o que queira ser…

Supermeiga vai vir acompañada de dous dos seus mellores amigos: a tigresa Marly e o canciño Boris. Formarán parte do espectáculo entrevistas de mulleres relevantes de Moaña para axudar a visibilizar o talento feminino. Estas entrevistas proxectaranse na pantalla de vídeo do fondo do escenario e haberá moitas sorpresas máis.

Esta actividade vaise escenificar sen público por mor da COVID-19, pero conta con retransmisión en directo no día e hora indicados e poderá visualizarse ata o venres 25 incluído no Facebook do Concello e dos Rechouchíos.

Detalles

Data:
30/12/2020
Hora:
18:00 - 19:00
Actividade Categories:
, ,
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Pin It on Pinterest