Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

O galo Quirico e os seus amigos en Narón

11 Abril|18:00 - 19:00

De balde
foto-3

Con algúns números de marionetas tradicionais nos que os espectadores participan cantando e danzando, preséntase o conto “O Galo Quirico” seguindo a versión popular, que á súa vez inspira á publicada por Bernardino Graña. Unha posta en escena con marionetas e teatro de cartón, formato de espectáculo recuperado pola compañía para esta ocasión con música interpretada en escena polo acordeonista Carlos Quintá.

Data: xoves, 11 de abril de 2019

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social do Couto

Destinatari@s: nenos e nenas a partir de 2 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 30 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición, que se poderá realizar do 8  ao 11 de abril, deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podedes descargar o cartel aquí

Detalles

Data:
11 Abril
Hora:
18:00 - 19:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social do Couto
A Picota, s/n, San Martiño do Couto
Narón, A Coruña 15570
+ Google Map

Pin It on Pinterest